miércoles, 27 de marzo de 2013

Vento a favor

Quen puidera ser o vento a favor
 e enchido o peito de vapores salgados,
achegarte nun asubío mariñeiro
até o porto das túas saudades.

Quen puidera ser o sol da tarde morna,
ou ser o vento quente dos trópicos,
que co cantar dunha fada misteriosa,
fai danzar as rítmicas palmeiras.

Quen puidera ser acubillo dos teus medos,
ser o castelo a onde fuxes e te agochas
cando chega a noite das pantasmas.

Quen puidera ser o valente que te garda,
quen puidera ser prometeo liberado,
quen puidera ser o vento que abanea a chuvia calma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario